Ola familias!!
Se onte estivemos buscando un clima de lectura, hoxe vouvos propoñer tarefas sobre a FALA que é outro dos bloques de contidos das linguas.
Cando estamos na escola o alumnado comunícase constantemente..
Na nosa aula o momento clave de comunicación é a asemblea, e xa que non a podemos facer imos a tentar substituila na casa. As actividades aquí engadidas, non son para facer nun só día, senon que son dinámicas para ir dosificando día a dia na casa e nas dúas linguas oficias.
Imos aló!!👌
ACTIVIDADE 1
A través dunha imaxe ou conxunto de imaxes (tipo cómic), formular unha historia.
Primeiramente deixaremos que o alumnado observe e interiorice os gráficos e a continuación deixar un tempo de "invención". Por último, a familia fai de público e escoita a historia sen interromper.
Teñen que ter en conta, que a historia inclúe un título, unha descripción de lugar e unha duración e orde coherente para a súa idade. Un lugar axeitado para a invencción pode ser a "casiña de lectura". Por suposto, poden facer uso de debuxos e pequenos esquemas para ordear e interiorizar as súas ideas.
Deíxovos algúns cómics sen texto. (Podedes atopar moitos outros na rede).
![]() |
A imaxe corresponde á pax 88 do 2º trimestre de Xuntos.↑ |
ACTIVIDADE 2
Construción dun teatriño caseiro. O alumnado fará os seus propios monicreques. Basta con facer debuxos grandes, recortalos e unilos a un escarvadentes longo ou a unhas pinzas.Tamén se poden facer personaxes co tubo do papel hixiénico ou de cociña, engadir bonecos propios.. O que se lles ocorra! Facer un decorado nunha caixa de cartón grande e.. A inventar!!
É fundamental, que o fagan todo eles, o resultado non será tan prefecto pero será o seu proxecto e estarán máis motivados á hora de darlle vida.
Cada día poden facer a súa propia sesión de teatro 👏👏
Sería xenial facer fotos ou vídeos do traballo feito e mandalos ao meu mail.
Así o fixemos nós:
Envío un artigo de Ángel Fuentes para profundizar sobre o desenvolvemento da linguaxe, ao final do artigo hai varias propostas interesantes para traballar cos nosos pequenos/as.
Quería informarvos que todavía non hai directices claras na nosa comunidade sobre o 3º trimestre, en principio as recomendacións son as de seguir facendo repaso, reforzo e actividades interdisciplinares.
Un saúdo e ánimo que xa queda menos!💪

| Preme no debuxo |

Ningún comentario:
Publicar un comentario