luns, 29 de novembro de 2021

HORARIO DE TRABALLO PARA CONFINADOS 1ºB


 OLA FAMILIAS! !!

                                          

Velaquí tedes un horario orientativo do que ten que facer o alumnado estes días na casa. Cada asterisco ten unha explicación do traballo a realizar ou vídeo complementario. Se o voso fillo/a non se atopa ben ou non é quen de resolver as tarefas non hai inconvinte en que non o faga. Mais tamén é importante NON facer máis follas do libro que as establecidas para levar un ritmo paralelo entre casa e cole. 

Se queren facer máis traballos, poden ler, escribir mensaxes aos seus amigos e familiares, sumas, debuxar, investigar sobre animais...(tedes tamén moítisimo material interactivo e para imprimir na penúltima entrada deste blog se queredes completar)


MARTES

MÉRCORES


XOVES

VENRES

 

💪Todo o traballo atrasado*


------------------------

📗 Páx 124-125

📗 Páx 138- 139*


  ----------------------

👀 Ler entre 15/20 min.


------------------------

🐗 Escoitar a canción  "Volver a casa por Nadal" e pintar o mandala e o xabarín.*


----------------------

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

📗 Páx 116-117.

📗 Páx 142.


------------------------

📃 Ficha de mate dos "barcos" (polas dúas caras)

📃 Ficha nº25/26 de escritura.

     ----------------

👀 Ler entre 15/20 min.

    ------------------

🐗 Escoitar a canción  "Volver a casa por Nadal.



--------------------

 

💪 Vídeo Letra H*

---------------------

📃 Ficha h*


---------------------


📗 Páx 122-123

..............................

📃 Ficha 295-296 (decenas e sumas)


----------------------

👀 Ler entre 15/20 min.

---------------------

🎅 Facer a Postal de Nadal.*

----------------------

🐗 Escoitar a canción  "Volver a casa por Nadal.

---------------------

 

📗 Pax 156-157

--------------------

📗 Páx152-153

----------------------

📃 Ficha de lectura  "Un enredo" (polas dúas caras).

----------------------

👀 Ler entre 15/20 min.


-----------------------

🐗 Escoitar a canción  "Volver a casa por Nadal.


-----------------------

💪Todo o traballo atrasado.


----------------------




MARTES

💪Todo o traballo atrasado*- Comezar polo libro, teñen que ter rematado todo ata a páxina115 (teñen un círculo azul aquelas páxinas sen rematar), revisar tamén as fichas anteriores.

 🐗 Escoitar a canción  "Volver a casa por Nadal"- Este é o vídeo: PREME AQUÍ

📗 Páx 138- 139* Complementar co seguinte vídeo :PREME AQUI


XOVES

💪 Vídeo Letra H*. Presentación da letra h, Visualiza estes dos vídeos PREME AQUÍ  e  AQUÍ  Fixarse ben como se escribe!.

📃 Ficha h* Despois de rematar a ficha debuxar e escribir pola parte posterior catro palabras con h.

🎅 Facer a Postal de Nadal. Poden seguir o bosquexo de proba que fixeron a semana pasada, utilizarán  materiais e técnicas libres. O debuxo só se realizará por unha cara, se se escribe texto ten que ser en galego e haberá algún motivo relacionado co Camiño de Santiago. (Non poñer o nome do alumno/a na parte do debuxo).


Podedes aclarar as vosas dúbidas por Abalar. Moito ánimo e forza! 😘








mércores, 17 de xuño de 2020

ADEUS, PRIMEIRO, ADEUS!!


Ola familias!

Esta é a última entrada deste curso....hooooo!!😔

Moitísimas grazas pola vosa implicación, unha vez máis. Cando revisei os traballos, sentinme moi orgullosa de todo o alumnado e das familias que sei que estades detrás. GRAZAS 👋👋
As notas publicaranse na app de Abalar este venres, e con elas dáse por rematado o curso.

Podedes continuar escribíndome ao mail durante todo este mes, as vosas dúbidas, preguntas...
Seguide atentos ás novas que se publican na páxina e blogue do cole e ANPA.

Lembrade que os rapaces teñen que descansar física e mentalmente. Levaron o libro de Xuntos para rematar, teñen que ler e tamén escribir un pouquiño.. se queredes máis material tedes recursos nas anteriores entradas do blogue.

Déixvos recomendacións de apps que podedes instalar na tablet ou móvil. A meirande parte son gratuitas e hainas tanto para Android coma para IOS.

PREME NA IMAXE




Pasamos a felicitar a dous pequechos estupendos que estiveron de aniversario
Iago e máis Uxía que xa teñen 7 aniños!!Celebraronno cunhas tortas riquísimaaas  e moi chulas! PARABÉNS COMPIS🎈🎉🎇🎈🎇🎆🎉






Pola miña parte nada máis, que espero que todos e todas pasedes unhas felices vacacións e que nos vemos axiña en segundo, con novas forzas e ánimo para pasar un feliz curso.


mércores, 3 de xuño de 2020

O REVOLTALLO DE XUÑO

Boas familias!!

Comezamos xuño e imos rematando o curso. 💦🐬🌴
Tempo de ir mudando o mono de traballo polo bañador e desfrutar dunha vez do aire libre, que o teñen ben merecido!!

Unha vez máis dar as grazas polo seguimento e dar resposta a cada un dos traballos que fun pedindo.

Van chegando propostas didácticas para o verán. Para a meirande parte do alumnado recomendo que polo menos un mes se descanse, asi como nós o precisamos eles tamén, e máis neste curso tan convulso. Así a todo, sempre hai tempo para un bo libro, facer debuxos ou deixar voar a imaxinación de cada un/unha.
Unha recomendación de plan lector, moi interesante, foi esta que nos enviaron dende o consorcio editorial galego e que  velaiquí vos deixo:



Tamén deixo varios enlaces de interese por se queredes continuar con máis traballo. Penso seguir enviando actividades de repaso por Snappet, máis a lectura e un pouco de escrita ( xa sexa por copia, dictada ou escritura libre)é máis que suficiente.
O vindeiro ano collerán sen dúbida o ritmo, asi que .. calma!😃

PARA DESCARGAR OU COPIAR

👍Caderno de repaso de 1º primaria para descargar. Tamén ten na páxina moitas alternativas lúdicas  https://juegosinfantiles.bosquedefantasias.com/blog/cuaderno-repaso-1o-primaria  

👍Caderno completísimo e de máis dificultade realizado por un dos blogueiros de máis referencia para o primeiro ciclo "pimerodecarlos" http://primerodecarlos.com/junio/cuaderno_tercer_trimestre_primerodecarlos.pdf

👍Na páxina web Orientación Andújar atoparedes todo tipo de actividades, desta volta mando enlace das actividades recopilatorias de cada curso e área: 
https://www.orientacionandujar.es/2019/06/19/increible-recopilatorio-de-cuadernos-repaso-y-verano-primaria-todos-los-cursos-y-areas/


PARA FACER EN LIÑA


💻 A páxina web "mundo primaria" ten moita sona, para mín é un recurso indispensable nas miñas clases. Mando enlace de exercicios de matemáticas, pero se mergullades pola páxina podedes atopar todo tipo de exercicios.. (comprensión lectora, adiviñas, cancións..) https://www.mundoprimaria.com/juegos-educativos/juegos-matematicas/numeros/num-primero

💻 Recomendo esta páxina porque diferénciase das demáis en que está feita cos recursos Lim doutros profes. Paga a pena, sobretodo as actividades en galego.  https://www.educalim.com/biblioteca/

💻Outro clásico que ademáis lles encanta é Vedoque, xogos didácticos e divertidos, moi recomendable o xogo de mecanografía: https://vedoque.com/sec.php?s=1 

Se precisades outro tipo de material non dubidedes en escribirme.


Pasamos ao apartado das vosas fotos


. e Irene cociñeira!! 

Alejandro está a darlle o último empurrón a súa carta.       Irene máis a súa familia atrevéronse ca                                                                                                    torta de Feliz Feroz 
                  

                          

 Martina está a escribir unha carta moi sentida

mércores, 27 de maio de 2020

CARTEIROS E CARTEIRAS MOLONES

Boas familias!!

Esta semana estou especialmente agradecida a todos e todas vós pola participación.. Recibín moitos mails con traballos e fotografías do alumnado. Que been!!

Invítovos a que fagades como Ana e Izan fixeron coa profe Lorena. Un precioso coelliño!! Déixovos os pasos para crealo no seguinte enlace: https://www.youtube.com/watch?v=68oz7mCVLKY






E como en mate estamos coas figuras planas, podedes xogar o tangram e practicar! si xa sei que os tagrams están no cole e non os podemos usar, pero.......Tachán! Velaiquí vai un tangram en liña superdiver..: https://www.juegos.com/juego/kids-tangram

Lembrade o venres visitar o blog de Dinamización lingüística e poderedes visitar sen movervos dos segredos e curiosidades da provincia de Pontevedra. E por suposto, os venres sempre en ...Galego!

E agora pasamos ao apartado fotográfico que esta semana vén cargadiño..

Temos aos carteiros Irene, Tote e Sofía! 👉📭





Seguro que esas cartas chegaron con moito amor e con gañas de resposta.!Grazas compis por compartilo.

Mai máis Mamadou  mandan fotos do seu tempo de traballo, Mai co reloxo que debuxou e Mamadou na súa hora de ler. Bravo rapaces polo voso esforzo! 📕📜








E para rematar, Uxía usou toda a súa creatividade para facer estes adornos florais tan propios dos Maios . Claudia tamén púxose mans á obra  e ademáis de cociñar co seu irmán tamén fai manualidades tan riquiñas coma esta. Chulísimos rapazas! 🌺🌻




mércores, 20 de maio de 2020

REDUCIR, REUTILIZAR E RECICLAR

Boas familias!!

Espero que a semana vaia ben e todos esteades a participar da "nova normalidade". 

Dentro das tarefas que enviei esta semana, hai contidos relacionados ca reciclaxe. Neste curso, se recordades, tivemos a visita de Dinoseto e Dinosetiño que nos aprenderon moi ben a reciclar e a facer un bo uso dos contedores.

Lembrades a canción? Aquí deíxovola, e ademáis para os máis rockeiros e rockeiras, estoutra canción sobre a reciclaxe. A bailar e aprendeeer!





 Agora que xa sodes uns expertos na materia, podedes axudar a Pocoyó na súa misión e axudalo a reciclar.



Non esquezades entrar no blogue de dinamización, que xa ten unha nova entrada sobre Galicia moi interesante!!https://dinamizachouzo.blogspot.com/

Iago Soto mandounos esta foto, está moi concentrado lendo os comics de Asterix do seu tío. Estupendo Iago, xa nos contarás cal foi o teu favorito!!





E como hai tempo para todo....Martina mándanos esta foto gozando da súa bici e do bo tempo. Está co seu pai que tamén se animou a facer deporte.
Bravo familia!!



xoves, 14 de maio de 2020

LETRAS GALEGAS


Boas familias!

Parece que a situación está moi cambiante. Cando parecía que había esperanzas, agora volta a desazón. Espero que todos/as esteades ben e que a conciliación familiar sexa a máis doada posible.

Dende aquí ofrezo a miña axuda, se considerades que o voso fillo/a non está ben anímica ou emocionalmente, préstome a que mo comuniquedes e podemos poñernos en contacto. 

Estamos na semana das Letras Galegas e dende  o blog de Dinamización Lingüística estanse a publicar varias propostas para coñecer ao homenaxeado "Ricardo Carvaho Calero". Estade atentos á entrada do venres 15 que ten actividades moi interesantes como un "scape room", propostas de manualidades, receitas, canción...o enlace é o 
seguinte https://dinamizachouzo.blogspot.com/

Por outra banda tamén me parece interesante, a proposta de creación de pinturas de Afundación, está tamén no blog do cole.



Por último, recordade que o luns 18 é día NON LECTIVO no noso centro polas Letras Galegas. Porén manderei os traballos da semana o martes 19.
Mandade os vosos vídeos e fotos e serán publicadas neste blogue e así, en certo modo, estar máis cerca dos compis.



xoves, 7 de maio de 2020

Nais que namoran

Boas familias!!

Como estamos levando esta semana? Supoño que algún de vós xa ten que voltar ao traballo, outros a teletraballar e todos en xeral a seguir loitando coa situación.

Ben, dende os diferentes equipos que conforman o centro pídenme que teñades en conta os seguintes blogs/actividades:

- A mestra Ángeles, non enviou libro porque considera que non son autónomos para ler e manexarse en inglés pero semanalmente envía tarefas no blog do cole. http://chouzouno.blogspot.com/ e deixou un mail de contacto.
Ademáis neste mesmo blogue en educación física envían retos, hai informacións xerais do centro e acceso a outros blogues como o de biblioteca e dinamización lingüística. Porén é preciso que o revisedes periodicamente.

- A mestra Elsa tamén quere trasladarnos que deseñou unha única ACTIVIDADE DE AVALIACIÓN DE MÚSICA deste terceiro trimestre. Podedes velo neste enlace

https://astuasclasesdemusica.blogspot.com/2020/05/bosdias-j-hoxevouvos-proponer-unica.html 


Como sabedes enviei o libro de" Feliz Feroz" para que o leamos este tercer trimestre, noutra entrada do blogue tedes as actividades que podedes facer. Mai envíanos esta foto, desfrutando da lectura. Bravo Mai 👏👏👏


Non esquezades de seguir intentando facer os venres en galego. 


Moitas grazas por compartir con nós os vosos vídeos do día da nai. Persoalmente emocionáronme moito e espero que o disfrutárades.









video Yago Nimohttps://photos.app.goo.gl/U1sat3XEaf1GM2LR6

Vídeo Martina: https://drive.google.com/file/d/13-8W3FxsVLadTYCe_cGV7YwKY_CNlSsd/view?usp=sharing

Vídeo Uxiahttps://drive.google.com/file/d/1spNXQLcSehe5LdqoHzw35Cxi8p9-7iPa/view?usp=sharing

Parabéns para Elena que esta semana cumpliu 7 aniños! Con torta de nata e chocolate blanco incluído!!🎈🎉🎈🎈






Non dubidedes en facerme chegar fotos das vosas actividades. O luns enviarei por mail as tarefas para a próxima semana.

Un saúdo e ánimo para todos. 💪💪